Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Brión abre inscrición nos Obradoiros de Nadal, o programa de conciliación familiar nas vacacións escolares


O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición nos seus Obradoiros de Nadal, dirixidos a rapaces e rapazas de 4 a 11 anos de idade e que terán lugar durante as vacacións escolares de Nadal. Uns obradoiros que terán lugar nas instalacións do CEIP de Brión e no local social da Luaña do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro.

Os Obradoiros de Nadal ofrecen dende xogos, a manualidades ou deporte, pero sobre todo diversión, moita diversión. Os prezos deste programa de conciliación familiar do Concello de Brión serán de 30 euros polos 8 días de servizo, que se converten en 15 euros para o segundo irmán ou irmá. O terceiro e seguintes irmáns ou irmás terán acceso totalmente de balde. As inscricións están abertas ata o 16 de decembro na Casa da Cultura de Brión ou no 981 50 99 08. Terán preferencia os veciños e veciñas do Concello de Brión.